Adiós, ríos; adiós,
fontes;
adios, regatos
pequenos;
adios, vista dos
meus ollos:
Miña terra, miña
terra,
terra donde me eu
criei,
hortiña que quero
tanto,
figueiriñas que
prantei,
prados, ríos,
arboredas,
pinares que move
o vento,
paxariños
piadores,
casiña do meu
contento,
muíño dos
castañares,
noites craras de
luar,
campaniñas
trimbadoras
da igrexiña do
lugar,
amoriñas das
silveiras
que eu lle daba ó
meu amor,
camiñiños antre o
millo,
¡adios, para
sempre adios!
¡Adios groria!
¡Adios contento!
¡Deixo a casa
onde nacín,
deixo a aldea que
conozo
por un mundo que
non vin!
Deixo amigos por
estraños,
deixo a veiga
polo mar,
deixo, en fin,
canto ben quero...
¡Quen pudera non
deixar!...
Mais son probe e,
¡mal pecado!,
a miña terra n'é
miña,
que hastra lle
dan de prestado
a beira por que
camiña
ó que naceu
desdichado.
Téñovos, pois,
que deixar,
hortiña que tanto
amei,
fogueiriña do meu
lar,
arboriños que
prantei,
fontiña do
cabañar.
Adios, adios, que
me vou,
herbiñas do
camposanto,
donde meu pai se
enterrou,
herbiñas que
biquei tanto,
terriña que nos
criou.
Adios Virxe da
Asunción,
branca como un
serafín;
lévovos no
corazón:
Pedídelle a Dios
por min,
miña Virxe da
Asunción.
Xa se oien lonxe,
moi lonxe,
as campanas do
Pomar;
para min, ¡ai!,
coitadiño,
nunca máis han de
tocar.
Xa se oien lonxe,
máis lonxe
Cada balada é un
dolor;
voume soio, sin
arrimo...
Miña terra,
¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén,
queridiña!...
¡Adios por sempre
quizais!...
Dígoche este
adios chorando
desde a beiriña
do mar.
Non me olvides,
queridiña,
si morro de
soidás...
tantas légoas mar
adentro...
¡Miña casiña!,
¡meu lar!

No hay comentarios:
Publicar un comentario